candidato candidatura programa axenda novas enlaces suxerencias

VER VIDEO DE ALBERTO VALVERDE

PROGRAMA
ELECTORAL

Servizos en Infraestructuras
ir a programa electoral...
Asuntos Sociais
ir a programa electoral...
Sanidade e Educación
ir a programa electoral...
Urbanismo
ir a programa electoral...
Desenvolvemento económico
ir a programa electoral...
Cultura, Turismo e Deportes
ir a programa electoral...
Medioambiente
ir a programa electoral...
Descárga o Programa electoral en pdf.

O PROGRAMA ELECTORAL DE ALBERTO VALVERDE
INCLÚE OS SEGUINTES PUNTOS:

Veciños e veciñas,

Tedes nas vosas mans unha base do que vai se-lo programa de actuación do Partido Popular no concello de Nigrán para os próximos catro anos. Son os trazos básicos que dependen en moito de que contemos co voso apoio o próximo 27 de maio, un día moi importante para os homes e mulleres que me acompañan neste proxecto centrado en Nigrán, centrado en vos.

Levamos trinta anos de democracia e temos que aproveitar todo o que ata agora se fixo ben, pero non dubidaremos en comezar de novo todo o que sexa preciso, mesmo o Plan de Urbanismo. Ademais comprometémonos a ter reunións periódicas en tódalas parroquias con todos vós.

Presentámonos como somos, sen ataduras, coa ilusión de que contando co voso apoio, Nigrán debe seguir prosperando. O Partido Popular se renova, cheo de esperanza no futuro, sen mirar atrás. En nome de todos nós, só me resta pedirvos que o próximo 27 de maio depositedes en nos a vosa confianza.
 

 

 

SERVIZOS E INFRAESTRUCTURAS

Cremos fundamental que os servizos básicos de Nigrán deben seguir mellorando de cara ao futuro, apoiando as iniciativas e o desenvolvemento do Área Metropolitana e a Mancomunidad do Val Miñor.

  • Ampliación da rede de abastecemento de auga e saneamento.

  • Incluír a Nigrán no proxecto “Cidade Dixital” para conexión inalámbrica a Internet, para potenciar o acceso ás novas tecnoloxías en todo o municipio.

  • Impulsar a creación de novos aparcadoiros e a mellora do transporte público cos municipios colindantes e co Campus Sur da Universidade.

  • Impulsar a creación de Servizos de Seguridade (Policía Nacional e Bombeiros).

  • Esixir a mellora das infraestructuras viarias (Circunvalación do Val Miñor)con vías alternativas que liberen de tráfico os núcleos urbanos.

  • Crear un carril bici entre Ramallosa e Panxón e dotar de beirarrúas as zonas que o necesitan.

 

Descárga o Programa electoral en

[ ir arriba ]

 

 

ASUNTOS SOCIAIS

Serán prioritarios na nosa acción municipal a atención específica aos máis necesitados, atendendo aos problemas da terceira idade, ós discapacitados, a infancia, a mocidade, a inmigración e ós desfavorecidos.

  • Creación dunha oficina de “Atención ao Cidadán” para unha atención máis persoal cos veciños.

  • Eliminar as barreiras arquitectónicas dun modo progresivo en cantos lugares públicos sexa posible e propoñer a súa eliminación nos recintos privados.

  • Facilitar o uso e a instalación de Centros de Día e residencias xeriátricas.

  • Estudar a creación de máis garderías e espazos de lecer infantís.

  • Apoio decidido aos Centros Culturais e Asociacións do municipio.

  • Reunións periódicas cos veciños e veciñas en tódolas parroquias.

 
Descárga o Programa electoral en

[ ir arriba ]

 

 

SANIDADE E EDUCACIÓN

Queremos mellorar os servizos sanitarios e educativos do noso Concello, dun modo integrado coa normativa comunitaria, que fagan de Nigrán un lugar para vivir e gozar todo o ano.

  • Posta en marcha dunha ambulancia medicalizada durante o período estival e nas épocas de maior afluencia de residentes.

  • Negociar a ampliación do Centro de Saúde de Panxón.

  • Participar na planificación e xestión sanitaria de acordo coa Lei de Ordenación Sanitaria de Galicia.

  • Promover, de acordo coas diferentes asociacións, charlas educativas sobre saúde, planificación familiar, prevención,…

  • Creación dun Área Deportiva e educativa municipal.

  • Creación dunha Escola de Comunicación Audiovisual con recuperación da radiotelevisión de Nigrán

 
Descárga o Programa electoral en

[ ir arriba ]

 

 

URBANISMO

Propoñemos recuperar o consenso e fundamentar o desenvolvemento urbanístico coa participación de todos os colectivos políticos e sociais, para un Plan de Ordenación que sirva para o Nigrán que todos queremos.

  • Estudar a posibilidade de constituír unha xerencia de urbanismo local, como órgano coordinador e planificador do desenvolvemento urbanístico de Nigrán.

  • Contar cunha representación técnica e social en cada parroquia para establecer as súas posibilidades e necesidades urbanísticas.

  • Priorizar que no novo Plan figuren áreas dedicadas á construción de vivendas sociais para favorecer o acceso á primeira vivenda dos máis novos.

  • Dimensionar os usos, tipoloxías e aproveitamentos do chan dacordo coas normas legais que rexen a súa elaboración e desenvolvemento.

  • Concentrarse naquelas accións do Plan que sexan de maior utilidade para os veciños, cun control rigoroso e minucioso da súa implantación.

 
Descárga o Programa electoral en

[ ir arriba ]

 

 

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Necesitamos seguir progresando dentro dunha economía globalizada; aproveitar os beneficios que supón a creación do Parque Empresarial, evitando ao máximo os seus posibles impactos negativos.

  • Favorecer o desenvolvemento económico do municipio a través das melloras que ofrece a creación do Parque Empresarial.

  • Prestarase especial atención a potenciar o desenvolvemento do comercio, como fonte económica de ingresos básica.

  • Impulsar a creación de novos postos de traballo, que deixen valor engadido no municipio, cunha clara aposta polas industrias non contaminantes.

  • Colaborar na organización de actividades dirixidas á formación para emprendedores, xestión empresarial e promoción.

  • Apoiar as iniciativas dirixidas a potenciar a mellora da economía local dun modo organizado e coherente.

 
Descárga o Programa electoral en

[ ir arriba ]

 

 

CULTURA, TURISMO E DEPORTES

Dotar de contido os servizos culturais, como un dos eixes fundamentais para os veciños desta vila no século XXI, así como establecer políticas dirixidas a promocionar o turismo e o deporte en Nigrán.

  • Potenciar o labor que realizan os grupos e colectivos culturais: teatro, corales, baile, etc.

  • Apoiar as manifestacións tradicionais, gastronómicas e festivas das distintas parroquias do Concello, así como espectáculos para todos os públicos.

  • Promocionar competicións deportivas de alto nivel durante todo o ano.

  • Potenciar a presenza de Nigrán en feiras turísticas e promover o turismo tanto vacacional como en estancias curtas durante todo o ano.

  • Promover o turismo rural, con rutas de senderismo e visitas paisaxísticas.

  • Evaluar o impacto que suporía para Nigrán a instalación dun campo de golf e doutras instalacións.

  • Acondicionar os miradores do municipio, balcón do Val Miñor e do Océano Atlántico, como lugares de esparcimento e lecer.

 

Descárga o Programa electoral en

[ ir arriba ]

 

 

MEDIOAMBIENTE

Respectar o medioambiente é unha tarefa de todos, e desde o Concello queremos ser os primeiros en garantir o mellor nivel de protección do noso entorno contribuíndo ao desenvolvemento sostible de Nigrán.

  • Control e vixilancia do uso adecuado de colectores e de vertidos incontrolados.

  • Posta en marcha de novos puntos limpos no concello naqueles lugares que creen as mínimas molestias para todos.

  • Recuperación de fontes e lavadeiros públicos.

  • Coidado medioambiental das praias, tanto no seu medio mariño como nos areales do noso litoral.

  • Redefinir a recolleita de lixo e planificar a recolocación de novos colectores.

  • Xornadas educativas para concienciar da importancia e necesidade de coidar e manter limpo o noso Concello.

 

 
Descárga o Programa electoral en

[ ir arriba ]

 
Axenda de maio 2007
L M M X V S D
  1 2 3 4 5 6
7 8

9

10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      
<<abril      


Venres 25 de maio

Cena Fin de Campaña
leer más...
 



 

 

candidato | candidatura | programa | axenda | enlaces

Alberto Valverde | Partido Popular de Nigrán
Sede PP Nigrán: Praza Rosalía de Castro, 6 Bajo / 36350 - NIGRÁN (Pontevedra)
Teléfono y Fax: 986 352 223 / e-mail: comunicacion@albertovalverde.com