|
Alberto Valverde Pérez naceu en
Nigrán fai 28 anos, está casado dende maio
do 2006 y reside en Nigrán dende entón.
Ás raíces familiares de Alberto atópanse neste Concello,
malia que a súa familia materna é de
Cesantes, en Redondela.
Alberto comezou os seus estudios no Colexio Público de
Vilariño, na parroquia de San Pedro, onde
fixo as súas primeiras amizades e os seus
primeiros piniños deportivos que co tempo
levaríano a formar parte do Real Clube Celta
de Vigo, nas súas categorías inferiores
dende os 10 anos.
Tras a EXG comeza a súa etapa da secundaria no IES Val
Miñor de Nigrán, onde tamén realizaron os
seus estudios algúns dos que hoxe integran a
candidatura do Partido Popular de Nigrán e
onde coñeceu á que hoxe é a súa muller.
No ámbito deportivo, mantívose activo e chegou a ser o
capitán da Selección Galega de Fútbol nas
súas categorías inferiores, o que lle
permitíu disputar distintas competicións
nacionais.
Ó rematar os seus estudios no Instituto de Nigrán,
desplázase a Santiago de Compostela para
comezar a Licenciatura en Ciencias
Políticas, durante esta etapa, Alberto
compaxina os seus estudios coa súa faceta
deportiva que durante os últimos anos estivo
ligada ó Val Miñor, xa que logo do séu
derradeiro ano no Celta, pasou a formar
parte do plantel na Terceira División do
Gondomar C.F.
Xá licenciado en Ciencias Políticas decide completar os
seus estudios en Madrid, cidade na que
pasará dous anos reforzando a súa carreira
profesional e os seus estudios, Alberto
realiza un Master MBA en dirección
Empresarial e Marketing na Escola de
Negocios ESIC, na localidade madrileña de
Pozuelo de Alarcón. A decisión de
desplazarse a Madrid para poder ampliar a
súa formación profesional, supuxo que
Alberto tivese que abandoar durante un tempo
a súa carreira deportiva.
A experiencia madrileña deu paso ó retorno de Alberto a
Galicia, e en concreto, á cidade de A
Coruña, onde traballou nunca importante
empresa de telecomunicacións galega.
Posteriormente Alberto incorpórase a unha
entidade financieira que supón que teña que
desplazarse por distintas cidades como
Pontevedra, Santiago, Madrid, etc., hasta
Santa Uxía de Riveira onde actualmente
desenrolaba a súas funcións de
responsabilidade.
Ó longo destes anos, Alberto sempre mantivo a Nigrán no seu
corazón, tendo entre as súas amizades e
fundamentalmente na súa familia a excusa
perfecta para nunca desligarse da terra na
que medrou.
Alberto é unha persoa xoven, pero con ampla formación e
experiencia, que, co respaldo de un gran
equipo de xente, será quen de levar a Nigrán
ó máis alto.
É unha persoa moi familiar e encántalle disfrutar dos seus
e de tódolos lugares que Nigrán e o Val
Miñor pode ofrecer. Quere traballar por
Nigrán e para Nigrán, porque lle gustaría
que tódolos que alí viven poidan apreciar o
seu Concello cada día máis.
|